lunes, 23 de marzo de 2009

3. Toshiba, crise financieira

O fabricante xaponés de produtos de electrónica rexistrou entre outubro e decembro do 2008 unha perda neta de 1.346.000.000 de dólares, frente ao beneficio neto de 895.000.000 de dólares do mesmo trimestre do ano anterior.
A caída debeuse principalmente ao efecto da crise mundial.
A compañía , número dous do mundo das memorias FLASH NAND, rexistrou ademais no último trimestre do ano 2008 ventas por valor de 16.549.ooo.000 de dòlares.
As súas perdas por operacións foron de 1.756.000.000 de dólares, debido aos efectos que causa a crise económica globlal, causantes da caída dos prezos da memoria flash.
Nos nove primeiros meses do ano fiscal xaponés a compañía rexistrou unha perda neta de 1.775.000.000 de dólares e perdas operativas de 2.027.000.000 de dólares.
As suas vendas entre abril e decembro foron de 55.453.000.000 de dólares.
Para o actual exercicio fiscal, Toshiba revisou á baixa as súas previsións e dixo que espera unhas perdas netas e por operacións consolidades de 3.116.000.000 de dólares.
Trátase da primeira vez en sete anos que a compañía presenta números vermellos debido a crise



2. Automobilismo en crise

A crise afecta a todos os sectores, e un dos máis perxudicados foi o do automobil. Como xa veremos a crise afectou a industria automobilística pero tamén aos grandes constructores do automobilismo de élite.
Takeo Fukui, presidente e director executivo de Honda Motor, converteu en nova o rumor que tomara forma en días anteriores: o constructor xaponés, o segundo máis poderoso tras Toyota, vaise da fórmula 1, na que compite desde 1964, debido á crise económica a escala mundial que atravesa a industria do automóbil.
A crise económica mundial cobrou outra vitima no automobilismo de élite. Tralo abandono de Honda na Fórmula 1, a marca xaponesa Suzuki decidiu retirarse do Mundial de Rallies debido ás turbulencias financieiras, que afectaron negativamente á venta de vehículos comerciais. Concretamente, a firma nipona aclarou nun comunicado que a decisión se debe á "contracción
das ventas de automóbiles causadas pola recente crise económica mundial".














Jenson Button ( actualmente Brawn GP ) con alguns dos membros do equipo Honda
http://www.elpais.com/articulo/deportes/crisis/acaba/Honda/elpepidep/20081206elpepidep_3/Tesportes/crisis/acaba/Honda/elpepidep/20081206elpepidep_3/Tes